займ срочно

Padrón recuperará a Festa da Tortilla Xigante de Carcacía

0

Padrón, 22 de abril do 2018 – O 19 de maio Carcacía, en Padrón, recuperará unha das festas que durante anos foi unha cita obrigada na bisbarra: A festa da Tortilla Xigante.

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o concelleiro de Festexos, Ángel Rodríguez Conde, mantiveron nas últimas semanas diferentes reunións cos veciños da parroquia de Carcacía que decidiron cociñar de nova unha tortilla xigante o sábado 19 de maio. A primeira colaboración foi a conversa do alcalde co Conselleiro de Cultura Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, que aceptou ser este ano o pregoeiro. O concello comprometeu ademais o apoio da concellaría de festas a este evento que naceu no ano 1985 e que nos dos últimos non se celebrou. O alcalde padronés agradeceu “o traballo e a ilusión para volver organizar unha festa gastronómica que no seu día chegou a situar a Carcacía ata no Libro Guinnes dos Records”.

Programa de actividades

Segundo o programa de actividades previsto pola comisión de festas, os traballos de preparación da tortilla xigante comezarán ás 9.00 horas e ás 13.00 horas realizarase o espectacular volteo da tortilla. A continuación dará o pregón o conselleiro Román Rodríguez, en torno ás 14.00 horas. Ao longo da mañá programaranse actividades adicionais que van desde unha feira medieval ata, ás 11.00 horas, unha concentración de motos antigas co nome de  “Terras de Padrón”. Ás 11.30 horas haberá unha exhibición de bailes latinos e modernos e unha de cetrería. Ás 13.00 horas terá lugar a actuación da charanga “O Santiaguiño”. Trala lectura do pregón, repartirase a tortilla ata finalizar existencias e despois do xantar haberá queimada gratis para tódolos asistentes.

Xa pola tarde. ás 17.00 horas, está programada unha actuación do mago Álex Louzao e ás 18.00 horas a nota musical e folclórica poñerana a Asociación San Pedro de Carcacía e O Pedrón de Padrón. Xa ás 19.30 horas comezará a verbena co grupo Alba.

Durante toda a xornada haberá tamén inchables para os nenos/as e un polbeiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies