займ срочно

Padrón retoma o sistema da Zona Azul para aparcar

0

Padrón, 17 de xuño do 2020 – Coa chegada da nova normalidade, o Concello de Padrón volve a poñer en marcha o sistema da zona azul de estacionamento na vila.

Desde onte martes entrou de novo en vigor esta limitación en tres espazos do casco urbano de Padrón: Avenida de Compostela –marxe esquerdo da N-550 en dirección Santiago-, Campo do Souto –fachada da praza de Abastos-, Porta do Fondo de Vila e no entorno da igrexa parroquial.  O concelleiro de Tráfico destacou que “a Policía municipal retoma as súas funcións no control deste sistema para facilitar o tráfico rodado na vila”.

En Padrón en total hai preto dun centenar de prazas de aparcamento, entre as que se contan varios espazos reservados para persoas con problemas de mobilidade. O tempo permitido para estacionar é dun máximo de dúas horas, salvo en Porta de Fondo de Vila e no entorno da igrexa parroquial quedará limitado a 30 minutos. E a limitación horaria establecese de luns a venres entre as 09:00 e as 21:00 horas, e os sábados entre as 09:00 e as 14:00 horas, mentres que os domingos e os festivos quedan exentos da restrición.

As condicións para aparcar nestes espazos seguen sendo as mesmas que antes do estado de alarma decretado pola pandemia da Covid-19. Así, os estacionamentos son gratuitos, e os condutores teñen que colocar un distintivo na parte de mando do vehículo no que se indique a hora de chegada. O feito de non cumprir esta limitación horaria nas zonas azules será sancionable con multa de oitenta euros.

O Concello de Padrón instaurou a zona azul de estacionamento en 2018, e sinalizou o centenar de prazas con tempo limitado e controlado para conseguir a rotación de vehículos nos aparcadoiros máis céntricos. No seu momento, o Concello facilitou aos condutores discos azuis, se ben a hora tamén se pode indicar a man ou cos dispositivos doutros concellos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies