Os traballadores de Padrón denuncian o soldo do alcalde e do equipo de goberno

0

Padrón, 29 de xullo do 2019 – Medra a indignación entre os traballadores do Concello de Padrón polo espectacular aumento de soldo que o alcalde e os seus seis concelleiros aprobaron no Pleno de Organización do Concello.

O soldo do alcalde crece un 18%, a maiores unha dedicación exclusiva e cinco parciais para o resto do goberno, o que se configura como o equipo máis caro de toda a historia política de Padrón.

Según explica o comité, que representa aos traballadores municipais, En 2015 o equipo de goberno gastaba un máximo de 75.000 €. Agora en 2019, ascende a 143.277,90 €. É dicir 68.277,90 € máis, esto equivaldr´çia a pagarlle a antigüidade a TODO o persoal laboral. Os sindicatos denuncian que o Alcalde pasa a cobrar 3.139,12 €/mes (43.947,76 €) e os seus edís oscilan entre 40.060,80 € e 43.336 € anuais (100% de xornada laboral) cando máis do 70% do persoal laboral non chega a 1.000 €/mes e non cobra antigüidade (Trienios).

 CCOO e CIG) veñen denunciando desde que o Sr. Antonio Fernández Angueira chegou ao poder (2015) que o 70% do persoal laboral do Concello de Padrón non superaba o 1,5 do Salario Mínimo Interprofesional establecido para o ano 2015, non cobra antigüidade nin ten dereito á acción social recollida no convenio colectivo e que se presupón destinada ás rendas máis baixas. Esta situación perpetúase en 2019 e afecta a todos os grupos de cotización indistintamente, o que implica que o 70% dos traballadores que cobraban no 2015 pouco máis de 800€ netos ao mes -e, nalgúns casos, mesmo por baixo- no 2019, pasan a cobrar pouco máis de 900€ pola suba do Salario Mínimo Interprofesional establecido por Lei.

Hemeroteca: No acordo de goberno do 2017 unha das prioridades era a relación de postos do traballo

 A falta de negociación por parte do Concello durante os últimos anos levou o Comité de Empresa a interpoñer, o 13 de abril de 2018, unha denuncia ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social da Coruña (ITSS) contra o Concello, pola súa pasividade ante as reiteradas peticións de convocatoria da Mesa Xeral de Negociación para tratar diversos temas referentes ás deterioradas relacións laborais entre o Concello e o seu persoal.

 A consecuencia desta denuncia supuxo un REQUIRIMENTO, por parte da ITSS ao Concello en decembro do ano pasado, para “someter a negociación as medidas precisas para estender ao persoal laboral o sistema retributivo do persoal funcionario, con criterios de equiparación progresiva e non discriminación”, tal e como establece a cláusula transitoria primeira do convenio colectivo. Esta discriminación salarial provoca unha evidente mingua no salario e nas cotizacións á Seguridade Social do persoal laboral do Concello, así como a posible vulneración dos principios de “igualdade” e “non discriminación” recollidos no noso ordenamento xurídico.

 Diante da pasividade do Concello para facer efectivo este REQUIRIMENTO da ITSS, o Comité de Empresa considera o incremento salarial do equipo de goberno como unha humillación e falta de respecto ao persoal laboral e denuncia que nos parece inaceptable e desproporcionado que o Alcalde e os seus concelleiros suban os seus soldos 500 €/mes. Non podemos admitir que este Alcalde que leva 8 anos sen ningún tipo de avance en materia de recursos humanos, xunto co concelleiro de persoal, que coñece perfectamente a nosa situación e as medidas que hai que tomar, a primeira medida a aprobar sexa incrementar 69.0000 €/anuais as súas retribucións. Cantidade que non quixeron destinar hai 2 meses aos traballadores porque afirmaban que “non había diñeiro e faltaba informe favorable”. Agora sabemos que cartos hainos e onde e como se empregan e que apenas necesitaron un mes, tras gañar as eleccións, para que o servizo de intervención dea o visto e prace a unha suba que supón un incremento de 500€/brutos máis ao mes para o Alcalde e os seus concelleiros.

 Desde o Comité de empresa declaran que “queremos facer públicas estas continuas humillacións ao persoal laboral do Concello, por parte do Alcalde e o seu concelleiro de persoal, para que o pobo de Padrón sexa consciente das pésimas condicións en que se atopa o persoal que os atende día a día, escoita e resolve os seus problemas, organiza actividades, festexos, mantén limpo o concello, os xardíns, xestiona e tramita permisos, licenzas, informa, acode a urxencias, vixía e mantén a seguridade, limpa os colexios dos seus fillos e netos, dá asistencia social e colabora para resolver os problemas cotiáns da cidadanía… para que entenda que as accións reivindicativas que afectarán a estes e outros servizos serán responsabilidade de quen nos leva enganando durante anos se antes do remate do ano a situación non se encamiña”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial