Padrón destinará máis de 142.000 euros a soldos do equipo de goberno

0

Padrón, 23 de xuño do 2019 – O novo goberno de Padrón do Partido Popular ten preparada unha proposta de acordo que suporá dedicar 142.000 euros a soldos do equipo de goberno.

Hai catro anos eses soldos non pasaron dos 75.000 €. A medida que a oposición comezou a negociar unha moción de censura o Partido Galeguista, hoxe integrado no PP, puxo esa cantidade como tope para un novo goberno. Agora, con maioría absoluta, estarán cerca de duplicala.

Dedicacións exclusivas

O alcalde, Antonio Fernández Angueira, aumentará a súa nómina en máis de 6.000 €. Dos 37.000 aprobados en xullo do 2015 agora proporá cobrar 43.900. O sorprendente e que na distribución de competencias previstas só aparece como alcalde presidente sen que se asigne ningunha área específica.

A segunda dedicación exclusiva será para Lorena Couso que terá unha nómina de algo ´máis de 28.000 € brutos. Couso ocuparase no novo goberno de cultura, turismo e Xacobeo 21, comercio, casco histórico, igualdade e Muller, Xuventude e voluntariado, terceira idade, política lingüística e información e comunicación.

Dedicacións parciais

As dedicacións parciais son compatibles cos distintos traballos dos concelleiros. En todo caso según o artigo 75 da Lei de Bases de Réxime Local terán que tender as tarefas de concelleiros despois da xornada laboral.

José Ramón Pardo encargarase de urbanismo, vivenda e solo, excluído o ámbito do casco histórico, vías e obras, parques e xardíns, cemiterios e abastecemento de auga potable e saneamento. Por todo ela terá unha dedicación parcial dun 45 % pola que cobrará 19.500 €.

Ángel Rodríguez, portavoz na lexislatura anterior do Partido Galeguista e agora integrado no Partido Popular, cobrará 17.500 € compatibles co seu posto de prevención de incendios na Consellería de Medio Rural. Encargarase no novo equipo de saúde pública, deportes, tráfico, protección civil e emerxencias, persoal e festexos cunha dedicación dun 40%.

Francisco Javier Guillán percibirá tamén 17.500 € coa mesma dedicación. Encargarase de  alumeado público, xestión enerxética e bombeos, limpeza viaria e alcantarillados, recollida e tratamento dos residuos sólidos urbanos, praza de abastos, rnercado dominical e, en xeral, venda ambulante.

Ana Belén Luezas e Francisco García terán unha dedicación dun 20% que suporá uns emolumentos de 8.000 €. Luezas encargarase de educación e ensino, servizos sociais (excluídos os servizos vinculados á terceira idade, o Centro de información á muller e, en xeral, igualdade e muller) e novas tecnoloxías. Mentres que García ocuparase da promoción do emprego e traballo, Medio ambiente e Relacións veciñais.

Pleno e informe de intervención

Aínda que moitas veces se obvia é preciso que estes soldos vaian acompañados dun informe de intervención que asegure que existe consignación orzamentaria suficiente.

Todo será levado a pleno para ser aprobado. A maioría absoluta obtida polo Partido Popular fai prever que non haxa impedimento. A data está aínda por confirmar pero terá que ser antes do 15 de xullo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial