Tino Baz presenta na Casa da Matanza un disco dedicado a Rosalía

0

Padrón, 25 de outubro do 2019 – O cantautor Tino Baz presentará este sábado na Casa de Rosalía, na Matanza, un disco dedicado á poetisa.

‘Si cantan es ti que cantas’ é a homenaxe de Tino Baz a Rosalía de Castro. A presentación farase cun concerto na Casa Museo as sete da tarde. A obra aborda de maneira monogràfica a poesía de Rosalía.

Vívida e ricamente actual, con estes 11 textos cantados Tino quere darlle a extensión expresiva definitiva da sensibilidade transcendente da poeta na voz do pobo cantor. Achegas instrumentais de marcada personalidade e calidade enriquecen a dinámica musical así como as voces do Obradoiro de canto “Cantares do Brueiro”, presente na colaboración de distintas pezas do disco, tratado no deseño pola artista Karina Mouriño.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial