займ срочно

A Fundación Paideia Galiza crea un coworking en Padrón

0

Padrón, 29 de setembro do 2017 – A Escuela de Organización Industrial e a Fundación Paideia Galiza crean un espazo coworking na zona de Padrón.

O coworking conta, demais do apoio das dúas entidades, con financiamento do Fondo Social Europeo.

O coworking traballará baixo o lema “emprender en verde” e está pensando como un programa de desenvolvemento do talento. Buscan emprendedores e profesionais dos sectores da economía e a cultura verde, que precisen dunha formación completa e especializada que irá desde a creación do talento ata a profesionalización do emprendedor.

Dentro do Coworking levaranse a cabo distintas actividades que inclúen talleres de acceso libre nos que aprender a validar o negocio con metodoloxías áxiles e a desenvolver as habilidades precisas para poñelo en marcha.

O programa de traballo comprende temáticas como a economía circular, a natureza ao servizo do consumidor, o valor dos residuos, ou biocultura e as tendencias dos mercados.

Os participantes de este espazo de coworking terán tamén acceso a sesións de mentorización por parte de expertos centradas en acompañar aos emprendedores desde o deseño do modelo de negocio a posta en marcha e optimización do proxecto.

A convocatoria está aberta a emprendedores cun proxecto empresarial nas primeiras fases de desenrolo ou a empresas creadas recentemente.

Pódese atopar máis información en:

coworkingverde@paideia.es

981 81 70 00

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies