займ срочно

O colectivo de pais enfrontado a dirección do IES de Ames candidátase para dirixir a ANPA

0

Ames, 14 de novembro do 2017 – O colectivo de pais pola calidade do ensino, enfrontado a dirección do IES de Ames polas irregularidades cometidas na matrícula do actual curso presentarase a dirixir a ANPA do centro.

Nunha nota feita pública no día de onte explican que nacen “para defender os valores democráticos, a participación das familias no centro e na procura da calidade no ensino público”.

O IES de Ames é un centro referencia pola actividade extraordinaria do profesorado que desenvolveu proxectos estrela que gañaron premios a nivel galego e estatal. Desde sempre  existiu un clima de colaboración entre a comunidade educativa que, tal como explica o colectivo, foise perdendo paulatinamente nos últimos anos.Os motivos de esta degradación é, segundo estes pais, “a masificación, a falta de comunicación coas familias, unha actitude non dialogante das máximas autoridades do centro e a falta de atención e resposta aos problemas por parte de estudantes e familias presentes no Consello escolar”

Para o colectivo de pais este é o momento de dar un novo paso optando como candidatura a dirixir a ANPA do IES de Ames. Explican que a intención é “buscar colaboración entre a administración e a comunidade educativa”.

A candidatura coa que se presentan para dirixir a ANPA é según explican “unha candidatura con experiencia de diálogo, con ganas de traballar para solucionar os problemas, que busca a transparencia da xestión dos programas como o banco de libros ou as diferentes actividades , que quere cohesionar a comunidade”.

Os pais reclamaran tamén un novo centro para Ames, que desconxestione o existente, a través dunha oferta educativa mais ampla na que se inclúan os ciclos formativos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies