займ срочно

Os pais da escola infantil do Milladoiro reclaman limpeza na contorna do centro

0

Ames, 1 de outubro do 2018 – Os pais da Escola Infantil do Milladoiro fixeron chegar a Lindeiros queixas pola falta de limpeza na contorna do centro e a falta dun contedor de papel próximo á escola.

Os pais  achegan tamén fotos nas que se aprecia o mal estado dos terreos colindantes coa escola infantil , con paus, maleza e  deposicións de animais. Explican tamén que a semana pasada un vehículo inclinou a sinal de peóns que hai diante do colexio e non foi arranxada. Todas estas deficiencias foron transmitidas ao concello pero non son as únicas.

Pedindo un contedor de papel desde xaneiro

Os pais explican que desde o mes de xaneiro veñen reclamando un contedor de papel nos sucesivos consellos escolares. En abril puxéronse en contacto coa concellería de atención cidadá por correo electrónico; desde alí se lles explicou que é a empresa a que decide a instalación deses contedores en función do número de habitantes. Os pais consideran que si non é posible poñer un novo podería achegarse un que estivera nas proximidades.

Tamén reclaman que a empresa de limpeza separe o papel do resto xa que polo momento non se está a facer.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies