займ срочно

Nacións e paisaxes, unha estreita relación a debate na USC

0

Compotela, 31 de marzo do 2017 – O territorio é un elemento clave na análise de nacións e paisaxes, e aínda que as paisaxes son recoñecidas como o resultado de procesos naturais e culturais é imposible pensar nelas sen ter en conta a pegada humana e os seus significados simbólicos.

Partindo desta premisa, a Facultade de Xeografía e Historia acollerá o luns 3 de abril un encontro para reflexionar sobre a relación mutua entre a construción de nacións e paisaxes e as consecuencias culturais e políticas que se poden inferir no mundo global.

Para as nacións apátridas, argumentan os organizadores da xornada, “as paisaxes tenden a estar relacionadas co ambientalismo, a reivindicación da súa identidade e a continuidade das áreas rurais”, e pregúntanse “cómo poden defender e protexer a multiplicidade de paisaxes asociadas á súa identidade sen a administración do Estado”. Para os profesores de Xeografía da USC Rubén Lois e Juan Trillo, “mentres os estados nacionais atoparon maneiras de preservar as súas paisaxes en forma de espazos monumentais e parques nacionais, tales procesos en nacións sen estado requiren unha discusión adicional”, que será a base de discusión da xornada do 3 de abril.

O encontro sobre nacións e paisaxes, desenvolverase  na Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia, e  participarán especialistas das Universidades de Santiago de Compostela, Girona, Illas Baleares, Valencia, A Coruña, País Vasco e Swansea (Reino Unido), ademais de responsables do Observatorio da Paisaxe de Cataluña e do Instituto de Estudos do Territorio. Entre todos profundarán nas paisaxes e nacións como produtos culturais e políticos, analizarán as paisaxes nacionais posibles na Península Ibérica dende o punto de vista da xeografía e da literatura e debaterán como preservar as paisaxes das nacións sen estado no mundo global actual.

‘Paisaxes nacionais no mundo global’ está organizado pola USC e a Fundación Mauritus Coppieters e conta con financiamento do Parlamento Europeo. A participación no encontro é de balde e non precisa inscrición previa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies