займ срочно

Palabras sobre o Covid

0

Compostela, 15 de decembro do 2020 – O Servizo de Normalización Lingüística da USC publica en liña un vocabulario con cerca de 200 conceptos sobre a COVID-19.

Tanto polo seu volume como por centrarse especificamente sobre esta patoloxía, trátase dun traballo novidoso no ámbito da lingua galega. Para cada un deses conceptos sobre a Covid ofrécese a súa definición, os nomes polos que é coñecido en galego, español e inglés, e a área ou áreas temáticas en que pode inscribirse.

En este vocabulario pode atoparse léxico sobre as características e a morfoloxía do virus, as vías de transmisión e contaxio, as probas diagnósticas, as patoloxías asociadas, a análise epidemiolóxica, os equipos e instrumentos de protección, o fármacos empregados no seu tratamento ou as medidas de saúde pública adoptadas.

Intégrase con bUSCatermos (a base de datos de terminoloxía técnica da Universidade de Santiago de Compostela), a onde liga cada unha das denominacións galegas que forman os Termos esenciais. É en bUSCatermos onde se pode despregar e consultar toda a información que antes indicabamos. Pero tamén se pode facer a busca directamente a través da interface de consulta que ofrece a propia base de datos.

Ao tratarse dun ámbito en que as novidades técnicas, e en consecuencia, terminolóxicas, se están producindo a diario, o Servizo de Normalización Lingüística da USC elaborou un produto doado de actualizar e ao que se puidese incorporar nova información con moita axilidade: por iso a publicación directa na web.

Publícase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 (CC-BY-SA 4.0), que permite a redifusión e a adaptación deste material noutros produtos ou soportes diferentes, sempre que estes se distribúan tamén baixo a mesma licenza.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies