займ срочно

Pallas@s en Rebeldía trae a Compostela o Festiclown

0

Compostela, 21 de decembro do 2018 – O próximo 27 a Gala Solidaria do Festiclown volve a Compostela da man de Pallas@s en Rebeldía.

O Festiclown destinará os fondos recadados ao festival que se quere celebrar en Palestina. A concelleira de Política Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, foi a encargada de presentar a Gala acompañada por Manuel Roxo e Carlos Fungueiriño, membros de Pallas@s en Rebeldía.

A concelleira lembrou que Pallas@s en Rebeldía é un espazo artístico de solidariedade internacional que cre que a alegría e a risa poden ser motores do cambio social, que nos leven a unha humanidade máis xusta”. Concha Fernández lembrou o traballo que vén desenvolvendo a asociación “en diferentes lugares do mundo como Chiapas, Tindouf ou Brasil e, dende 2011, co Festiclown Palestina, do que xa se celebraron cinco edicións”. Recadar fondos para a edición de 2019 é un dos obxectivos da Gala Solidaria do Festiclown presentada hoxe.

Manuel Roxo explicou que Pallas@s en Rebeldía naceu co convencemento de que “nos lugares nos que a humanidade xoga o seu futuro, nos lugares en conflito, tamén ten que haber espazo para a alegría”. Roxo, que participou no Festiclown Palestina deste ano, no pasado mes de setembro, recoñeceu que “é incrible ver como en Palestina a poboación segue tendo ganas de rir, estando oprimida, sometida a un exército doutro país que os trata dun xeito absolutamente despectivo”.

Música, maxia e circo

A Gala Solidaria do Festiclown será no Teatro Principal o próximo 27 de decembro, a partir das 18:30 horas. Polo escenario pasarán Pablo Díaz, Assircópatas, Sue Moreno, Yolanda Paz e Sempre Arriba. A gala, que estará conducida pola actriz Isabel Risco, pecharase coa actuación do Coro da Rá.

A tarde arrancará con música, a cargo de Pablo Díaz, todo un referente na música infantil en galego. Despois, chegará a actuación de AsSircópatas, unha compañía que naceu en 2003 e que utiliza o circo, en clave teatral, como ferramenta para compartir unha particular visión do mundo baseada no humor. No Festiclown Solidario participará tamén Sue Moreno, fundadora dunha Escola de Acrobacias Aéreas na Coruña; Yolanda Paz, unha artista cunha amplísima formación no ámbito da danza e do teatro; e Sempre Arriba, o lema co que se identifica a clown e artista de circo Marta Iglesias.

A Gala rematará novamente con música, a cargo do Coro da Rá. A formación, con cerca de 60 compoñentes, leva case un cuarto de século subíndose aos escenarios e reinterpretando temas de música espiritual, rock, jazz ou blues. Tal e como explicou Nacho Fungueiriño, “o espectáculo está pensado para interesar a públicos de diferentes perfís e diferentes idades, e iso é posible grazas á colaboración desinteresada de diferentes artistas”

A entrada é de balde, e pódese recoller no Teatro Principal na mesma tarde do 27 de setembro. As persoas que queiran colaborar para facer posible o Festiclown Palestina 2019 poderán participar a través da Fila 0: La Caixa ES13 2100 4333 1502 0005 4202.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies