Panel informativo para difundir o ecosistema de Touro

0

Touro, 8 de agosto do 2018 – O Grupo de Desenvolvemento Rural, GDR, Ulla Tambre Mandeo acaba de instalar un panel informativo para dar a coñecer a fauna e flora do concello de Touro.

O Panel Informativo está situado ao carón do Centro de Interpretación do Río Ulla. En este espazo destácase o patrimonio natural do concello. asociado á extensa rede fluvial que conforma o río Ulla no seu territorio e os regatos que nel conflúen, coa súa característica vexetación de ribeira. Na información explícanse as características dos ecosistemas húmidos como o do concello, con especies propias do bosque atlántico mesturadas con árbores máis típicos da zona mediterránea, como sobreiras e érbedos, e que conviven en harmonía  cos prados e terras de cultivo.

O GDR trata de poñer en valor a riqueza natural dos concellos que o integran: Arzúa, Boimorto, O Pino, Melide, Santiso, Toques, Touro, Sobrado e Vilasantar. O cartel informativo, baixo o título : Descubre a natureza do territorio do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo, mostra en imaxes as árbores da ribeira e da fraga e as plantas e animais característicos como o porco teixo, miñato común, ourizo cacho, rá de san Antón ou o morcego rateiro grande. O GDR aposta por dar a coñecer a riqueza natural de Touro porque así tamén se coida e preserva o entorno natural.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies