Para o BNG de A Estrada a Cidade do Moble chega 10 anos tarde

0

Según os nacionalistas perdéronse 10 anos para xerar emprego e impulsar o sector do moble

A Estrada, 04/09/2016 – O portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños, afirmou, logo de coñecerse a aprobación definitiva da Cidade do Moble por parte de Xunta de Galiza, que “chega 10 anos tarde, porque se o PP non paralizara e recortara o proxecto impulsado polo BNG durante o bipartito, hoxe estaría construída e funcionando”.

“Mais o peor, non é o tempo perdido”, engadiu o concelleiro nacionalista, “senón o emprego que se deixou de xerar durante todos estes anos e as oportunidades para dinamizar e impulsar o sector do moble da Estrada que nestes intres está na UVI e na Xunta non hai ningún responsábel político que tome as medidas necesarias para reanimar este enfermo”.

Magariños apelou a un cambio destes responsábeis. “O PP tivo 10 anos para lanzar este proxecto e impulsar o sector do moble, e ven agora no tempo de desconto con anuncios”, afirmou, “cómpre un tempo novo, cómpre un goberno novo na Xunta de Galiza que non engane, que sexa audaz e que tome medidas para revitalizar o sector do moble, previa consulta aos propios interesados, desde empresarios a traballadores e traballadoras”.
O concelleiro nacionalista considera lamentábel que “o PP utilice o DOG para facer campaña electoral”. “Sáelle gratis”, afirmou, “pero este anuncio non compromete a nada, porque se despois non hai a partida orzamentaria para a súa construción non serve de nada este anuncio a poucos días do inicio da campaña electoral das Galegas”.

Xosé Magariños tamén enmarcou esta anuncio no contexto de pre-campaña electoral. “O mesmo que dixemos para a escola infantil podémolo extrapolar para a Cidade do Moble, cando vexamos colocar a primeira pedra creremos, mentres tanto poñémolo en corentena até que pasen as eleccións”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial