займ срочно

O Parlamento acolleu o V Foro de Participación Infantil centrado no cambio climático

0

Compostela, 25 de novembro do 2017 – O Lexislativo autonómico acolleu o V Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia-UNICEF, coincidindo coa semana na que se celebra o Día Universal do Neno, instaurado pola ONU para reflexionar sobre  os dereitos da infancia.

O vicepresidente primeiro da Cámara, Diego Calvo Pouso presidiu o acto, no que reiterou o “compromiso” do Parlamento de Galicia  coa Convención sobre os dereitos do neno e coa infancia, “compromiso que é reflexo do sentir real do conxunto da sociedade galega, das propias familias; e así debe ser porque nada hai mai máis imporante que o futuro das persoas”.

O Pleno infantil contou coa participación de alumnado escolarizado en catro centros educativos de Santiago de Compostela que responderon á invitación de UNICEF:  os CPR Manuel Peleteiro, La Salle e Santa Apolonia, e o IES Xelmírez I.

A intervención de Diego Calvo foi precedida pola da presidenta de Unicef Comité Galicia, Myriam Garabito. O acto contou coa participación de integrantes da Mesa da Cámara e deputadas e deputados dos grupos parlamentarios.

Cambio climático

Nesta convocatoria, UNICEF propuxo aos participantes reflexionar sobre o cambio climático,  unha realidade que, en opinión de Diego Calvo, “probablemente chegou para quedarse e da que todos somos testemuñas, con realidades ben próximas como a intensa seca deste outono”.

Logo de escoitar as intervencións do alumnado, o vicepresidente da Cámara amosouse convencido de que “as nenas e nenas que vos estades formando para tomar as rendas do mundo nun futuro próximo seredes quen de reverter a situación actual cara o imprescindible equilibrio entre o home e a natureza”.

Calvo Pouso subliñou que “todos podemos e debemos facer algo para frear o cambio climático e apostar por un futuro sustentable”. Apuntou, como exemplo, que o Parlamento de Galicia aposta polo uso de enerxías renovables, minimiza a xeración de residuos, aposta pola reciclaxe e potencia o aforro enerxético.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies