Levan ao Parlamento as deficiencias do ximnasio do colexio Castelao de Ordes

0

Ordes, 1 de xuño do 2018 –  O PSOE de Ordes promoveu a presentación dunha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia para instar á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a reparar o ximnasio do Colexio de Educación Infantil e Primaria Castelao, situado no barrio do Paraíso (Ordes).

O colexio Castelao presenta problemas de humidades e de illamento que deixan impracticable a súa superficie, impedindo a súa utilización con demasiada frecuencia. O portavoz municipal do PSOE, Alejandro Manteiga, a parlamentaria autonómica Begoña Rodríguez Rumbo e a secretaria xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Elvira Rodríguez, presentaron as preguntas orais dirixidas á comisión de Educación e ao pleno do Parlamento, a pregunta por escrito e a proposición non de lei na que se empraza á Xunta de Galicia a que aproveite as vacacións escolares do verán para acometer as obras necesarias que garantan a utilización en condicións dignas das instalacións deportivas adscritas ao colexio.

Estas iniciativas preséntanse despois de que o pleno municipal de Ordes aprobase por unanimidade unha moción socialista sobre o mesmo tema. O concelleiro Alejandro Manteiga afirma que “o propio alcalde recoñeceu os problemas que presenta o pavillón, pero non vemos que a Xunta tome ningunha medida para iniciar as obras”. “O que queremos –expuxo Elvira Rodríguez- é que Educación non deixe pasar o verán e que axilice os prazos para despois non interferir na actividade lectiva”. Begoña Rodríguez agarda que a Xunta se posicione canto antes e que tome nota da petición unánime do Concello promovida polo PSdeG-PSOE.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies