займ срочно

O Parlamento acolle unha mostra polo 50 aniversario de ASPAS

0

Compostela, 24 de outubro do 2017 – A Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual, ASPAS, fundada en Santiago en 1967, celebra este ano o seu medio século de vida que recordan nunha exposición no Parlamento de Galicia, onde poderá visitarse durante nestes días.

A mostra foi inaugurada nun acto presidido polo titular da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, e no que tamén interveu o presidente  da ASPAS, Marcelo de la Cruz Luzón. Participaron nos acto deputadas e deputados dos catro grupos parlamentarios así como vicepresidente e a secretaria da Mesa da Cámara.

Parlamento aberto

Santalices Vieira recoñeceu que non é frecuente que o Parlamento acolla actividades que non gardan relación directa coa función lexislativa, pero apuntou que a Cámara debe esforzarse por abrirse “a toda a sociedade” e subliñou que “é unha honra” albergar esta iniciativa no Pazo do Hórreo.

O presidente da Cámara animou tamén aos asistentes ao acto inaugural  a coñecer e utilizar as diferentes vías de participación cidadá habilitadas polo Parlamento, entre as que se referiu expresamente ás proposicións de non de lei e as preguntas ao Goberno de iniciativa cidadá.

A inclusión como obxectivo

Miguel Ángel Santalices Vieira recordou que a Oferta de Emprego Público do Parlamento de Galicia para 2017 inclúe unha praza de uxier reservada a persoas con discapacidade intelectual. Trátase, ao seu xuízo, de un paso pequeno co que se pretende contribuír a impulsar a inclusión das persoas con discapacidade intelectual.

O presidente da Cámara  puxo en valor o traballo desenvolvido por ASPAS desde a súa fundación e agradeceu a implicación de todas as persoas que participan e colaboran con esta entidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies