Levan ao Parlamento a rehabilitación do albergue de Arca en O Pino

0

O Pino, 16 de setembro do 2020 – A portavoz de Turismo do Grupo Socialista, Leticia Gallego, levou ao Parlamento a situación precaria do albergue de peregrinos de Arca, no concello de O Pino.

A responsable socialista visitou o albergue antes de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para urxirlle ao goberno galego que inicie a rehabilitación dunha infraestrutura que acumula 27 anos de antigüidade sen reformas de calado.

Gallego sinala que “a reforma máis urxente é a da súa accesibilidade” para eliminar as barreiras arquitectónicas no inmoble xa que para entrar hai que superar unha pendente e un chanzo. O edificio sofre ademais de humidades e filtracións; a carpintería de aluminio ten fiestras de hai case 3 décadas; e o equipamento de instalación sanitaria, o alicatado dos baños ou o pavimento cerámico de toda a instalación precisan ser cambiados.

Levan ao Parlamento a rehabilitación do albergue de Arca en O PinoA responsable socialista reclámalle á Xunta a reforma urxente do inmoble “con dotación orzamentaria suficiente  para potenciar a chegada de peregrinos e que os albergues sexan uns servizos integradores e non discriminatorios pola discapacidade dunha persoa”. Apunta tamén que “a antigüidade dos albergues de peregrinos fai necesarias inversións significativas para a súa adecuación a tódolos turistas que visitan a nosa terra, máxime cando estamos a catro meses do ano Xacobeo 2021” e advirte que “son moitos os albergues públicos que pertencen á Xunta de Galicia que necesitan inversión e melloras nas súas instalacións”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial