займ срочно

Propoñen a creación dun parque autóctono en Ordes

0

Ordes, 23 de marzo do 2018 – O Pleno ordinario do concello de Ordes recibirá a proposta do BNG de creación dun parque autóctono en terreos sen usar do Poligono Industrial.

O BNG de Ordes proporá a creación dun parque autóctono na zona verde do parque empresarial que conta con mais de vinte e oito hectáreas, actualmente desaproveitadas.

Pablo Vidal, portavoz do BNG de Ordes, expón que “executando a proposta, crearíase unha zona de alto valor ecolóxico para o uso e gozo da veciñanza, empregando especies autóctonas como o castiñeiro, carballo ou nogueiras”. Vidal recalca que “ademais se as especies son micorrizadas, favoreceríanse as condicións para a produción de cogomelos, incrementando mais se cabe o valor ecolóxico da zona”.

Outras propostas

Os nacionalistas levarán ao pleno a petición ao alcalde de que de xeito inmediato, adopte medidas para mellorar a seguridade dos alumeados públicos municipais.

Segundo o edil nacionalista, Gonzalo Veiras, “a auditoría efectuada nos alumeados públicos municipais revela que o 71% deles non contan con protección diferencial que garanta a seguridade das instalacións e das persoas no caso de un fallo de illamento”.

Para Veiras “a falta de interruptores diferenciais resulta especialmente grave en aqueles alumeados que contan con soportes metálicos e están dispostos en lugares frecuentados pola veciñanza, supoñendo un alto risco de accidentes por electrocución”. Por outra banda O BNG de Ordes defenderá que se proceda a devolución dos recibos de abastecemento de auga en diversas aldeas da parroquia de Montaos, debido á insuficiencia de presión na rede.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies