Nova iluminación e novos sendeiros para o parque das Pedrosas en Silleda

0

Silleda, 25 de marzo do 2018 – Silleda rematou a mellora e reforma do parque municipal de As Pedrosas. acometida a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

As obras no parque de As Pedrosas supuxo un investimento de 199.999 euros. A carballeira, con máis de 13.000 metros cadrados de superficie conta agora cun sistema de iluminación formado por 137 balizas de luminarias LED que permitirán aos veciños disfrutar máis horas deste enclave, onde se ubican ademais  un parque infantil, un parque biosaudable, outras instalacións xuvenís (con tirolina e outros aparellos) e unha cancha deportiva.

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña e o deputado provincial David Regades, participaron xunto aos concelleiros Klaus Brey e Benito Saavedra na estrea da reforma, que se completou coa reconstrución dos muros exteriores de pedra, a creación dunha rede de sendeiros internos con xabre, e outras actuacións coma a dotación dunha ponte de madeira. “Trátase dun espazo natural e de ocio moi usado polos silledenses. Coa dotación de iluminación ampliaremos as posibilidades de uso deste parque municipal, xa que moitas das persoas que habitualmente pasean pola zona terán a oportunidade de facelo tamén pola noite”, indicou o alcalde, que agradeceu a Regades a súa presenza en Silleda (onde visitou tamén a Feira da Enerxía, e participou na presentación da Romaría da Rosquilla). Cuiña destacou tamén a “política aplicada pola Deputación a través do Plan Concellos, máis igualitaria, grazas á que en Silleda onde recibimos arredor de 800.000 euros ó ano con estes fondos, podemos acometer actuacións coma esta”, sinalou.

O rexedor silledense tamén avanzou que  unha vez aprobado o Plan Xeral unirase a vila con este parque a través de zonas verde. “Hai xa un proxecto para levar a cabo esta idea, e tal e como xa se ten comentado nalgún pleno unha vez unido este parque co casco urbano procederase a ampliar este parque comprando a parque que aínda está en mans privadas e que ten unha superficie similar a desta zona”, explicou, matizando “que nos parece máis importante primeiro unir este parque ca vila para que de forma definitiva os veciños de todas as idades poidan achegarse ata aquí a disfrutar de forma segura”, indica. 

Pola súa banda David Regades destacou a singularidade da actuación e a beleza do parque “un dos máis fermosos da provincia”. Tamén sinalou que esta actuación  reflexa o tipo de política “que temos que facer as administracións, con obras e servizos para os veciños e veciñas” e felicitou ao Concello de Silleda “por entender a nova filosofía da Deputación”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial