займ срочно

A proposta de novo parque de bombeiros comarcal foi presentada aos concellos da bisbarra

0

Bisbarra, 9 de febreiro do 2018 – A Xunta de Galicia presentou aos concellos da bisbarra de Compostela a proposta de comarcalización do parque de bombeiros.

O director xeral de Emerxencias, Luís Menor, e o xerente da Axega, Marcos Araújo foron os encargados de explicar as ideas para o novo parque de bombeiros nunha reunión na que tamén estivo presente o concelleiro de Santiago Xan Duro.

A comarcalización do parque de bombeiros de Santiago prestaría servizo a case 200.000 persoas. Oito concellos recibirían atención directa (Santiago, Ames, Boqueixón, O Pino, Oroso, Teo, Trazo, Vedra) e, nunha primeira estimación, outros tres terían servizo de xeito complementario (Brión, Padrón e Rois), aínda que terán que ser os traballos técnicos os que definan o modelo ao detalle. Ames, como concello de máis de 20.000 habitantes, mostrou a súa predisposición a colaborar economicamente no proceso, tal e como establece a lexislación.

Luís Menor puxo en valor a importancia do acordo alcanzado a semana pasada entre a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, gobernados por forzas políticas diferentes, e destacou a satisfacción dos municipios beneficiados pola medida. O obxectivo co que se traballa é conseguir a comarcalización de Santiago durante este ano de 2018.

A comarcalización dos parques das cidades e a creación de novos servizos nas zonas de sombra, previstas pola Xunta de Galicia e abordadas no Grupo de Traballo polas emerxencias, permitirán que, cando se produza unha incidencia, se estenda o tempo de resposta de 20 minutos dun 65 a un 90% do territorio e dun 87 a un 95% da poboación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies