Boqueixón, 12 de marzo do 2019 – O Concello de Boqueixón vén de decretar dous días de loito oficial polo pasamento da secretaria – interventora. Elena Suárez Rodríguez levaba máis de dúas décadas exercendo o seu labor profesional nesta administración local.
Dende o Concello de Boqueixón queren transmitir o seu máis profundo pesar a toda a familia de Elena Suárez Rodríguez. “A súa é unha perda incalculable”, asegura o alcalde, Manuel Fernández Munín, quen non dubidou en gabar “o excelente traballo que a nosa secretaria desenvolveu durante todos estes anos”.
Elena Suárez traballar antes en outros concellos da bisbarra ata que finalmente asentouse no de Boqueixón. O seu pasamento foi unha triste nova para tódolos traballadores do concello que onte pola mañá mostrábanse sorprendidos polo inesperado suceso.