займ срочно

Pasamento de Fran Pérez “Narf”

0

Con 48 anos morre Narf,  un dos músicos máis queridos de Compostela, alguén que xa colaboraba hai 20 anos na sala Nasa e que pasa a formar parte da historia colectiva da cidade.

Santiago de Compostela, 16 de novembro do 2016 – Non imos contar a biografía de Narf, para iso basta votar unha ollada a súa ficha en GalicianTunes. Para os que, como bos galegos, crean nas meigas dicir que a ficha leva desde que se creou o número 404, o mesmo que aparece cando non atopamos unha páxina na rede.

Desde Lindeiros tres homenaxes, A primeira as fotos de Loli Fdez., feitas no concerto do Womex16, no Teatro Principal en outubro deste ano, cos seus queridos Timbila Muzimba. En segundo lugar a toda unha carreira de xenerosidade coa música. O facemos lembrando as súas colaboracións co “son parrulo”, unha colección de discos editados desde a Sala Nasa e nos que estaba unha xeración de músicos que, sopresivamente pese a falta de apoios da administración, chegaron en moitos casos a vivir do que máis lles gustaba.

A terceira homenaxe lembrando a súa música. No pasado verán Narf actuaba na praza das Praterías dentro da presentación dos músicos galegos participantes no Womex. O facía xunto con Xavier Díaz e Radio Cos e presentando o proxecto no que traballou durante 11 anos cos mozambiqueños de Timbila Muzimba. Recuperamos esa actuación na súa honra

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies