O patrimonio de Touro en risco pola falta dun inventario de bens

0

Touro, 1 de setembro do 2020 – A Marea Veciñal de Touro denuncia a falta dun inventario municipal de bens tal como a lei esixe.

Según a Marea a falta de este inventario pon en risco inmobles e terreos de titularidade pública. A proposta de iniciar os expedientes que poden permitir a recuperación de este patrimonio foi rexeitada polo goberno municipal.

O patrimonio de Touro en risco pola falta dun inventario de bensSon múltiples os bens afectados por esta situación. Antigas escolas aportadas polos veciños, campos da festa ou locais sociais. A falta de títulos provoca que non se poidan arranxar con subvencións públicas. Noutros casos como en Prevediños a igrexa apropiouse deles indebidamente aproveitando esta falta de documentación e do inventario municipal.

Ademais da creación do inventario, esixido por lei, a Marea lembra a necesidade de incoar expedientes individuais para cada inmoble ou terreo co fin de acreditar a titularidade e inscribilos como bens públicos da veciñanza. Por outra banda a inclusión dun inmoble no inventario non definiría a titularidade que tería igualmente que ser demostrada pero suporía un primeiro paso.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial