Compostela, 28 de xullo do 2017 – Fai pouco tempo falabamos do Inside Lab organizado polo CITIUS, agora falamos con Paulo Félix Lamas director de este centro de investigación dependente da USC.

CITIUS son as siglas de Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información, forma parte do Campus Vida da Universidade e polo tanto o traballo que fan ten moito que ver coas ciencias da saúde. O centro no só investiga se non que tamén organiza cursos e xornadas e preocúpase de que os avances que consigan teñan unha continuación na sociedade. Organicamente o CITIUS conta con dúas comisións externas, unha científica e outra empresarial, e unha reitora encabezada polo propio reitor da USC e da que forma parte o director Paulo Felix Lamas.

Comezamos preguntándolle como podemos explicar a sociedade o traballo que se fai no CITIUS

Hoxe en día falar de información é en moitos casos sinónimo de debate sobre a privacidade, o exceso de información que pode ser un problema de xestión para a sociedade é ao mesmo tempo unha oportunidade para o investigador

Paulo Félix Lamas ten claro que a tecnoloxía en si mesma non é a que provoca eses dilemas sobre a privacidade, é o uso que o individuo en último termo o que decide que é público e que non

Ata fai moi pouco a investigación do comportamento do ser humano era un campo exclusivo da socioloxía. A gran cantidade de textos que cada día poñemos na rede, en moitos casos sen reflexionar se non que de un xeito automático, é unha oportunidade para coñecer como pensamos, que nos gusta ou que nos da medo

España nunca valorou adecuadamente aos seus investigadores. Aquel desafortunado “que inventen ellos” de Unamuno tradúcese na actualidade en problemas de financiamento pese a que ano tras ano vemos como os nosos investigadores triunfan no extraxeiro

O CITIUS fai unha labor moi importante de divulgación. Paulo Félix Lamas ve xornadas como o Inside Lab unha oportunidade no só para mostrar a sociedade o que fan se non para que os estudantes máis xoves atopen unha motivación para que o talento que existe non se perda polo camiño

Paulo Félix Lamas convertese nun neno o día de reis cando se lle pregunta polos proxectos que lle fan ilusión. Según o día un o pode motivar máis que outro pero, como bo investigador, a curiosidade é unha das motivacións máis importantes que ten

Marchamos do CITIUS pensando a importante labor que se fai nos centros de investigación da Universidade e o pouco coñecida e recoñecida que está diante da sociedade. A importancia da USC en proxectos internacionais contrasta coa pouca relevancia que en ocasións ten no entorno no que vive. Como nos dicía a Vicerreitora de Comunicación, Rosa Crujeiras, dar a coñecer o que fai a USC na sociedade máis cercana é un dos retos máis importante que teñen na actualidade pero o traballo que fan investigadores como Paulo Felix Lamas e o centro que dirixe, o CITIUS, abre unha fiestra de esperanza para a universidade.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies