O Pazo que protagonza esta reportaxe ten os xardíns máis absorbentes que un poida imaxinar, ao pouco de camiñar por eles un esquecepor completo como chegou alí e os sentidos son acaparados polos sons, a vexetación e mesmo o aroma que lle rodea

Reportaxe: pazo de Santa Cruz de Rivadulla

O Pazo de Santa Cruz foi construído no S XVI polo cóengo da Catedral de Santiago Juan Ibáñez e, posteriormente, o seu sobriño Juan de Mondragón continuou os traballos; desta época data a muralla do recinto e a división da propiedade en terreos de monte, cultivos e a superficie que ocupan os xardíns; creáronse avenidas e paseos que delimitasen estas zonas cun trazado octogonal que suxire influencias renacentistas.

Juan Antonio Armada e Ibáñez de Mondragón, alcumado o ilustrado,  foi, no século dezaoito, un dos principais impulsores das actualizacións botánica e agrícolas da finca; introducindo novas especies e innovando nos labores do campo, chegou a establecer premios para os campesiños que melloraban as súas explotacións agrícolas e gandeiras.

Reportaxe: pazo de Santa Cruz de RivadullaNo século XIX Iván Armada e Fernández de Córdoba, coñecido como o Tío Iván, aumentou a xa abundante colección de plantas e, segundo reflectiu nos seus cadernos, plantou varios exemplares de camelias xunto a outros que xa existían e que medían, por aquel entón, ao redor dos 7 metros; con estes datos pódese pensar que as primeiras camelias plantáronse entre 1780 e 1820, o seguinte grupo ao redor de 1850 e as plantadas polo Tío Iván en 1875, plantas todas que aínda hoxe en día pódense contemplar e da que destaca un exemplar cun tronco de 1.90 m. de perímetro.

Estes xardíns son, para moitos expertos, un dos espazos máis fascinantes de Galicia e conta entre as súas especies cunha boa cantidade de árbores monumentais como oliveiras, boj, magnolias xigantes, fentos australianos, tulipaneros de Virginia, ombú, carballo piramidal ou palmeiras washingtonia, algúns deles incluídos no catálogo de árbores senlleiras da Xunta de Galicia. Hai que destacar ademais que desde o Pazo prodúcense cada ano máis de 100.000 camelias de 200 variedades distintas,  unha delas exclusiva de aquí e que leva o nome da granxa “Ortigueira”; a maioría desta produción dedícase á exportación.

Reportaxe: pazo de Santa Cruz de RivadullaOutra das zonas máis coñecidas do Pazo, máis mesmo que os xardíns, é a carreira de oliveiras; a plantación de 500 oliveiras que flanquean as distintas avenidas foi unha idea orixinal que combinaba ornamentación con cultivo xa que se destinaron á produción de aceite e dotouse  ao lugar dun muíño con roda de granito e prensa de viga, ao modo romano, que estivo en funcionamento até o s. XX.

O Pazo foi declarado monumento nacional no ano 2001; é pódese visitar desde non hai demasiados anos polo que segue sendo un descoñecido para o gran público, aínda que é un dos máis valorados entre os afeccionados aos xardíns e as camelias. A atmosfera que envolve a todo o lugar trasládanos ao pasado, a unha época onde as clases privilexiadas atesouraban tras os seus muros lugares creados para a auto satisfacción, que son mostra dun hedonismo excesivo pero que nos permitiu, co paso dos anos, que hoxe gocemos dun, aínda que soe tópico, xardín do edén.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies