Denuncian o peche do parque infantil de Figueira na Estrada

0

A Estrada, 10 de maio do 2018 – O Bloque Nacionalista de A Estrada denuncia o peche do parque infantil de Figueira, o que considera ” unha mostra máis no deterioro das infraestruturas locais”.

Según explican os nacionalistas a veciñanza levaba tempo advertindo do mal estado do Parque infantil de Figueira. O feito de que agora sexa pechado de forma cautelar evidencia para o BNG o deterioro que sofren diversas infraestruturas municipais e o “abandono por parte do goberno municipal”.

O BNG lembra que non se trata só de este parque infantil se non que tamén é a ludoteca municipal “limpada polos propios militantes do BNG ante a desidia do goberno”; o matadoiro municipal “que é pasto dos cacos e a pesar das nosas denuncia o alcalde é incapaz de mantelas en bo estado ou de darlle un uso”;  ou as vías públicas municipais, moi deterioradas.

O peche decretado pola policía local prodúcese logo de que unha meniña sufrira un accidente nestas instalacións de lecer situados ao final do casco urbano. para o BNG o sucedido tamén demostra que se necesitan espazos de lecer dispersos polo casco urbano “como xa propuxemos en reiteradas ocasións”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial