A Pedestre de O Pino contará de novo con participantes que van dos meses aos 60 anos  e unha proba de canicross

0

O Pino, 27 de abril do 2018 – O Pino acolle este domingo a XV Carreira Pedestre Popular que, un ano máis, se caracteriza por incluír desde bebes cos pais ata a categoría veteranos e unha proba de canicross con 20 inscritos.

A carreira do Pino forma parte do VI Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. Celébrase nun circuíto urbano habilitado en Arca, nas inmediacións do colexio público Camiño de Santiago.  Por categorías, as que contan con máis participantes son as de “Master 2” (nados entre 1968 e 1977), que ten 72 inscritos; a Master 1 (1978-1983), con 57 atletas; e a de Pitufo-Sub 6, que son os nenos e nenas que naceron dende 2013 ata hoxe, e na que xa están inscritos 55 participantes.

A Delegación en Santiago da Federación Galega de Atletismo encargarase do control técnico da proba. A primeira categoría en competir será a de canicross popular, ás 10.00 horas, sobre un percorrido de 3.100 metros. Despois, ás 10.45 horas, tomarán a saída as categorías júnior, promesa, absoluta e máster; seguidos dos cadetes masculinos e xuvenís (11.35). Entre as 12.00 e as 12.30 sairán o resto de categorías (infantil, benxamín, prebenxamín e os pitufos, os menores de seis anos, que desde as 12.30 horas percorrerán unha distancia de 300 metros.

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría (agás na categoría biberón), e para as tres primeiras mulleres e homes da carreira absoluta, así como para o participante máis novo e máis veterano. Haberá tamén premios en metálicos para os participantes nas carreiras júnior, promesa, sénior e máster, así como premios por clubes (sempre que estean federados).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial