Últimos días para anotarse na IV Carreira Pedestre Popular de Frades

0

Frades, 10 de maio do 2017 – Últimos días para anotarse na IV Carreira Pedestre Popular do Concello de Frades, que terá lugar este sábado 13 de maio e repartirá 1.225 euros en premios.

A día de hoxe xa hai 200 atletas inscritos polo que, tendo en conta que a gran maioría agarda aos últimos días para anotarse, o Concello de Frades agarda poder igualar e mesmo superar os 400 participantes do ano pasado. As inscricións deberán realizarse a través da web www.emesports.es: 5 euros para a proba absoluta e gratis para as demais. O prazo de inscrición pecharase ás 23:59 horas deste xoves 11 de maio.

A proba terá saída e chegada na praza pública de Ponte Carreira e unha extensión de 8,6 quilómetros na súa categoría absoluta. Os atletas competirán por 1.225 euros en premios, que se repartirán entre os cinco primeiros clasificados (250, 150, 100, 75 e 50 euros) e entre os tres mellores equipos tanto na categoría masculina como feminina (150, 100 e 50 euros).  

Ademais dos premios en metálico, haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto para homes como para mulleres, así como premios especiais ao club-entidade-colexio que aporte máis corredores e trofeo para os tres primeiros clasificados/as empadroados en Frades. Así mesmo, o Concello de Frades entregará medallas a todos os participantes escolares e camisetas conmemorativas a todos os atletas.

Servizo de fisioterapia

A carreira desenvolverase a partir das 17:00 horas na contorna da praza pública de Ponte Carreira. A proba principal terá saída ás 18:30 horas e percorrerá 8,6 quilómetros en ruta, combinando asfalto e terra. Haberá servizo de vestiario e de duchas a disposición de todos os atletas no polideportivo municipal, así como servizo de fisioterapia para aqueles atletas que o precisen e avituallamento con froita e bebida ao remate da proba.

A IV Carreira Pedestre Popular Concello de Frades está organizada polo Concello de Frades e a Federación Galega de Atletismo. Conta coa colaboración de: Deputación da Coruña, Galega 100%, Cooperativa Leiteira de Frades, Feiraco, Infantilandia, Camba Distribuciones SL, Pepsico, Supermercado Claudio, Centro de Fisioterapia y Rehabilitación Jessica Gómez, Froitería A Nova, Erimsa, Carreiras Galegas e Correr en Galicia.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies