Pedro Nimo e Rocío Alvite gañan a media maratón O Gran Camiño

0

O Pino, 10 de xullo do 2017 –  O compostelán Pedro Nimo, cun tempo de 1:12:09, e a mazaricana Rocío Alvite (1:24:47) gañaron a primeira edición da media maratón O Gran Camiño que se disputou entre Arzúa e O Pino.

Pedro Nimo

Algo máis competida estivo a proba na categoría feminina, aínda que a mazaricana Rocío Alvite Ferreiro non deu opción a ningunha das súas rivais. Desde os primeiros metros xa encabezou a carreira e, cun promedio de 4:01 minutos por quilómetro, sacoulle na meta case medio minuto a segunda clasificada, a rioxana afincada en Santiago Esther Rodríguez Díez (1:25:14). A terceira praza desta categoría foi para a atleta do Rosal Ariana González Verde, cun tempo de 1:27:34

Á chegada a liña de meta, ubicada xunto a piscina municipal do Pino, en Lameiro-Arca, todos os corredores coindían en destacar a excelencia do percorrido e a sorte de poder compartir O Gran Camiño cos centos de peregrinos que se dirixían a Santiago pola Ruta Xacobea.

Rocío Alvite

Moitos dos peregrinos decidían descansar uns minutos e animar e aplaudir aos atletas a medida que estes iban avanzando no percorrido da proba, que con algo máis de 21 quilómetros uniu por primeira vez a alameda de Arzúa e a localidade de Arca (O Pino). Os alcaldes dos concellos organizadores amosaban a súa satisfacción polo feito de que non se rexistrasen incidentes e que todo transcorrese con normalidade.

Na entrega de trofeos, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, resaltaba o bo momento polo que atravesa o atletismo galego, que recentemente obtivo a segunda praza no Campionato de España por autonomías, por detrás de Cataluña.

Para facilitar a convivencia entre atletas e peregrinos, a organización contou coa colaboración da Asociación Galega de Ciclistas. Unha nutrida representación acompañou aos corredores durante toda a proba, advertindo aos camiñantes do paso dos corredores nos diferentes puntos.

Á chegada a meta, aqueles atletas que o precisaban recibían unha masaxe que ofrecía unha das colaboradores da organización, a clínica de fisioterapia Lidia Ramos. A organización contou tamén co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta, El Corte Inglés, Abanca, Gonzacar.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies