As primeiras Pegadas de Rosalía daranse o 5 de maio

0

Ames, 5 de maio do 2018 – O sábado, 5 de maio, está prevista a realización dunha visita aos lugares emblemáticos da vida e do legado literario de Rosalía de Castro, será o primeiro roteiro do proxecto Pegadas de Rosalía organizado conxuntamente polos Concellos de Ames, Brión, Padrón e Santiago.

Estas primeiras Pegadas de Rosalía seguirán o itinerario deseñado polo intelectual Avelino Abuín de Tembra, que foi recuperado recentemente. A actividade incluirá visitas a lugares como o Panteón de Galegos Ilustres, a parroquia de San Xoán de Ortoño, a Igrexa de Bastavales ou a Casa Museo Rosalía de Castro. Para participar nesta Ruta Rosaliana, será preciso inscribirse a través do número de teléfono 981 883 002, marcando a extensión 2012, ou mediante o enderezo de correo electrónico turismo@concellodeames.gal. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 27 de abril. A iniciativa, que é de balde, contará con servizo de autobús desde O Milladoiro e Bertamiráns. A nova actividade desenvolverase ao longo entre as 09:15h e as 19:00 horas.

As persoas participantes nesta Ruta Rosaliana terán a oportunidade de visitar aqueles lugares da nosa contorna, que marcaron a obra e a vida desta autora. A ruta, que terá un deseño circular, comezará no Concello de Santiago, onde se realizará unha visita ao Panteón de Galegos Ilustres, onde se atopan os restos de Rosalía, así como á Praza de Vigo, onde a autora residiu durante algún un tempo.  A seguinte das paradas terá lugar no Concello de Ames, no lugar de San Xoán de Ortoño, onde Rosalía pasou a súa primeira infancia e onde tomou conciencia das dificultades da vida no rural galego. A seguinte das visitas recalará na Igrexa de Bastavales, cuxas campás protagonizaron un dos versos máis afamados da autora. A Igrexa atópase no Concello de Brión.  Ao mediodía, producirase unha parada en Padrón, para que as persoas participantes teñan tempo para comer e descansar un pouco. A comida non está incluída. Ao longo da tarde, a actividade proseguirá coas visitas aos lugares rosalianos de Padrón e á Casa Museo de Rosalía de Castro. Por último, a xornada finalizará cun concerto na Colexiata de Iria Flavia, que finalizará por volta das 19:00 horas.  A actividade inclúe, alén da entrada aos diferentes espazos, unha serie de explicacións teatralizadas que achegarán á autora ás persoas participantes. Así mesmo, a Ruta Rosaliana tamén ofrece seguro e servizo de autobús.

Tramitación das inscricións

Para participar, será preciso inscribirse a través do número de teléfono 981 883 002, marcando a extensión 2012, ou mediante o enderezo de correo electrónico turismo@concellodeames.gal. O prazo de inscrición pechará o vindeiro 27 de abril. As prazas serán adxudicadas por orde de data das solicitudes, tendo preferencia aquelas persoas censadas no Concello. A actividade é de balde.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies