Pegan carteis falsos co logotipo do concello de Santiago

0

Compostela, 24 de maio do 2019 – O concello de Santiago ven de denunciar ante a policía nacional a pegada de carteis que suplantan a identidade corporativa, concretamente o logotipo, do concello.

Os carteis anuncian a posibilidade de pegar carteis ou facer graffitis no lugar no que están situados. Na parte superior aparece o logotipo do concello, chega a usarse a tipografía habitual para este tipo de anuncios, sen que o cartel teña nada que ver coa institución. O Goberno local decidiu denunciar a situación, por se fora constitutiva dalgún tipo de delito e  a Policía Nacional xa abriu dilixencias para esclarecer a responsabilidade dos feitos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial