O club de pensionistas do Milladoiro colabora coa ANPA Ágora

0

A ANPA Ágora ofrece unha actividade de banda deseñada que se levará a cabo no local do club de xubilados

Ames, 24 de outubro do 2016 – A Anpa ágora IES Milladoiro comeza as súas actividades extraescolares arrancando o curso de deseño de cómic, segunda edición. Por cuestións operativas non foi posible empezar nas instalacións do IES do Milladoiro o que ocasionou a necesidade de buscar un local alternativo onde os chicos e chicas puideran desenvolver o seu talento artístico e gráfico e aprender conceptos de proporcións, formas , trazos…

O local atopado está no club de xubilados e pensionistas do Milladoiro, club que amablemente nos ofreceu a súa colaboración, accedendo á nosa petición de utilizar as súas instalacións de xeito provisional. Desde ANPA ágora se quere agradecer publicamente esta axuda que resulta moi significativa e emotiva, xa que ven dos nosos maiores do lugar para favorecer á mocidade do Milladoiro. Grazas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial