Pepe Domínguez, administrador Funeraria Apostol

0

Pepe Domínguez, Pepe o da Apostol, é case con toda seguridade unha das persoas que mellor coñecen o mundo das funerarias e, como consecuencia, a bisbarra de Compostela e a sociedade que a forma. A poucos meses de nace a Constitución, en abril do 78, abría a súa propia empresa e desde entón leva presentando servizos funerarios.

Pero a súa historia con esta profesión comezara moito tempo antes, con 13 anos, cando incorporouse a Funeraria Santa Lucía. Eran outros tempos e un Santiago moi distinto aínda que el di que non nota os cambios, que estar todo o día na rúa permítelle estar ao tanto do que sucede.

Funeraria Apostol dou os primeiros pasos nun pequeno local, que aínda segue funcionando, a carón do campo de fútbol de Santa Isabel. O crecemento da empresa obrigou a buscar máis espazo que atoparon no Polígono do Tambre

1978 supuxo un cambio fundamental nos servizos funerarios en Compostela. Distintas empresas, vinculadas habitualmente a compañías de seguros, deciden unirse e nacen Pompas Fúnebres Reunidas, Pepe que traballaba para Santa Lucía decide emprender en solitario tomando o nome de outra empresa xa existente

O traballo das funerarias viuse beneficiado polos avances da sociedade. A finais dos setenta organizar un enterro era algo realmente complexo no que o funerario tiña que encaixar unha serie de variables que ían desde o cura, coa hora do enterro, o campaneiro, as esquelas nos medios de comunicación ou o velorio que, por suposto, eran na casa.

Un dos principais cambios no traballo viu dado por dúas cousas presentes no día a día, os móbiles e as estradas. Poder facer as primeiras xestións desde a casa da familia ou chegar aos lugares en coche supuxo un cambio importante en canto ao tempo que leva preparar o sepelio.

Non só cambiou o traballo, tamén a actitude da sociedade. Os enterros eran un acto social, un momento no que se recibía a tódolos veciños na casa, se lles ofrecía algo e se recibía o seu apoio. Un tipo de relación que se perde cada vez máis

O pasamento dunha persoa era algo a dar a coñecer. As esquelas nos medios de comunicación, na radio principalmente, é algo que forma parte da sociedade galega aínda que desaparece cada vez máis

Os novos tempos tamén se notan no malo. Hai uns meses a compañía Delta Cargo deixaba os servizos no aeroporto e moitas empresas quedaban sen poder recibir cargas. Pepe explica que por semana chegaban dous ou catro cadáveres e a funeraria facíase cargo de algúns, algo que xa non pode suceder.

A primeira vez que Pepe tivo que coller un morto non tiña nin catorce anos, co tempo fíxose ao traballo pero é difícil esquecer aquel día

Un dos días máis duros de todos estes anos foi o accidente de Angrois. Unha noite na que Pepe tivo que poñer toda a súa experiencia e que lle facilitou un recoñecemento polos servizos prestados, aínda que iso non tape a amargura do vivido

Novos tempos

Os novos servizos funerarios van cara aos crematorios. pepe cóntanos que en Barcelona no último ano fixéronse máis incineracións que enterros. A oferta de urnas, algunhas biodegradables, ou colgantes nos que gardar as cinzas dos seres queridos forman parte da paisaxe da funeraria

O futuro pasa tamén, como en moitos outros sectores, polas Multinacionais. Funeraria Apostol creceu o suficiente como para facer fronte a esa competencia pero Pepe recoñece que o usuario o vai notar

Cando un fala con Pepe decátase de que unha característica para ser bo funerario é a discreción. Cada vez que fala percíbese que podería contar moitas cousas pero, como profesional, como un avogado ou un cura, prefire calar. Coñeceu os cambios da cidade nos últimos 40 anos e forma parte da xeografía humana da bisbarra. A empresa, aínda que sempre estivo en Compostela, é parte tamén da bisbarra como o demostran os tanatorios que xestionan en Teo ou Ames. Un traballo que sempre está aí, necesario, e que moitos esquecen ata que non queda máis remedio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial