O xogador do Obradoiro Pepe Pozas cumpriu 100 partidos na Liga Endesa

0

Compostela, 13 de xaneiro do 2017 – O xogador do Rio Natura Monbus Obradoiro, Pepe Pozas, alcanzou no encontro co equipo ante o FC Barcelona Lassa, unha importante cifra como profesional: 100 partidos xogados na liga Endesa.

Pozas confesou sentirse “moi contento e orgulloso de poder alcanzar esta cifra por todo o traballo e, tamén, pola dificultade que hai a día de hoxe de ter oco para os xogadores nacionais. Seguirei traballando duramente para que sexan, como mínimo, 100 máis”.

O base comentou que “faime moi feliz poder alcanzar 100 partidos estando no Rio Natura Monbus Obradoiro e poder logralo ademais sendo o capitán, co que iso significa. O Obra é a miña familia e é a miña casa”.

O xogador explicou que cando comezou a xogar a baloncesto hai uns anos “para min era imposible pensar que en 2017 cumpriría o meu partido número 100”. Desde o seu debut ata o seu último partido, Pozas detallou que foi unha etapa “moi gratificante, non só profesionalmente, se non tamén persoal. Debutei en Málaga hai moitos anos e tiven a sorte de coincidir cunha chea de xente que me achegou cousas e espero poder continuar igual”.

De fronte ao papel da afección no partido do próximo domingo, o capitán asegurou que “á nosa afección non temos que pedirlle nada. Eles saben que o domingo lles necesitamos. O único que temos que facer é darlle o mellor de nós porque eles xa saben o que necesitamos en cada momento e demóstrannolo en todos os partidos. Oxalá o partido do domingo sexa unha festa que culminemos con vitoria”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial