Peregrinos Musicais chega a 9º edición

0

Compostela, 25 de xuño do 2019 – O Festival Peregrinos Musicais chega a súa novena edición reunindo a 21 interpretes en sete concertos do 28 ao 3 de xullo.

O Teatro Principal, San Martiño Pinario, a Capela do Hostal dos Reis Católicos e o Auditorio de Galicia serán os espazos que acollerán os concertos de esta edición de Peregrinos Musicais. O programa inclúe unha xira, que se celebrará nos auditorios de Sanxenxo e Nigrán, así como un rico apartado formativo que inclúe catro clases maxistrais de frauta, violín, piano e cello.

Presentación do Festival Peregrinos Musicais

Presentación do Festival Peregrinos Musicais

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e Educación, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago son os principais impulsores de este Festival. Na presentación en rolda de prensa o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, destacou o gran nivel das novas promesas da música que participan nesta iniciativa, ao tempo que fixo fincapé no importante papel que o festival xoga ao favorecer o diálogo artístico entre mozas e mozos de diferentes procedencias, así como por ofrecerlles aos músicos galegos escenarios de referencia onde promocionarse.

A concelleira de Acción Cultural de Compostela, Mercedes Rosón, presentou o festival como “un camiño simbólico que fan os Peregrinos Musicais desde diferentes partes do mundo ata chegar a Compostela traéndonos un incrible nivel de interpretación” e quixo destacar que o festival, ao que lle desexou grandes éxitos, “une dous emblemas da cidade de Compostela: o Camiño de Santiago e a excelencia cultural e musical”.

A directora do evento, Ilona Timchenko, comentou que “a característica esencial da IX edición é que o Festival evoluciona cara a un programa poliédrico, onde a formación ten a mesma importancia que os concertos. Dentro da oferta musical, tamén, dáse unha gran relevancia aos artistas consagrados que van participar e aos que inician o seu camiño pola apaixonante viaxe que supón dedicarse á música clásica”.

En concreto, dos 21 intérpretes, 15 son os músicos seleccionados para esta novena edición do Festival, dos cales nove proceden de diversos lugares de Galicia, catro proveñen de Rusia, un de Holanda e un de Canadá. Todos os seleccionados teñen un alto nivel de excelencia profesional e foron escollidos polas súas habilidades técnicas e interpretativas mediante unhas esixentes probas que tiveron lugar o pasado mes de maio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial