O Pazo de Arretén en Padrón é o berce dun dos licores máis persoais que se poden atopar no cada vez máis amplo catalogo de bebidas artesás, o Vermú St. Petroni.

Pazo de Arretén

Pazo de Arretén

Os licores alcohólicos chámanse bebidas espiritosas porque espírito é o vapor sutilísimo que exhalan o viño e os licores (dicionario da RAE) . No caso de St. Petroni ese espírito imbuíu hai varios anos a unha serie de profesionais que puxeron en marcha un proxecto con un selo moi persoal. A iniciativa tivo o seu berce no Pazo de Arretén en Padrón, a mesma casa na que naceu en 1804 a nai de Rosalía de Castro e onde, probablemente, foi concibida a poetisa. Esa mestura de poesía e espírito é a que contén cada botella de Petroni.

Visitamos o Pazo de Arretén para coñecer un pouco máis sobre o Vermú St. Petroni e sobre a filosofía de esta empresa. Acompáñanos Cristina Codesido responsable de comunicación, unha particularidade máis en este proxecto xa que xestiona directamente o márketing de St. Petroni sen axuda de axencias externas.
O Pazo data de finais do século XVI e na actualidade está sendo restaurado para dedicalo a enoturismo

O edificio principal ten 28 habitacións e pegado a el unha capela. Xusto detrás da casa atopamos unha fonte cun lavadoiro as costas que reciben a auga directamente da montaña, un sistema moi avanzado que permitía hai douscentos anos un aproveitamento moi eficiente da natureza

Outra das zonas case rematadas é a do pombal que se dedicará a unha estancia separada a modo de casa de invitados

Os viñedos están na xénese de St. Petroni e, o xeito de ser cultivados, fan do produto algo único. Os vermús fanse a partir de viños macerados en herbas, Petroni faise con Albariño e tódalas viñas están sometidas a Denominación de Orixe Rías Baixas

O proxecto St. Petroni comezou cinco anos antes de saír ao mercado. A plantación e coidado das viñas fíxose aproveitando a natureza do lugar e do propio Pazo. Toda a plantación está amurallada o que a converte nun caso único en Galicia e similar aos “chateau” franceses

Unha destilería non é unha empresa normal. Para comezar a traballar precisas ter a uva, o produto previo, e iso conleva que, se non queres depender de outros, comeces moito tempo antes de saír ao mercado. St. Petroni comezou a comercializarse no 2014 e a aposta é tan importante que ao pouco tempo firmaron acordos de explotación de viñedos para os próximos 25 anos

Cristina Codesido

Cristina Codesido

O grupo de persoas que está detrás do Vermú St. Petroni combina amizade con capacidade e polo tanto atopamos de novo unha parte romántica no proxecto. A parte comercial é importante porque garante a estabilidade da marca pero a filosofía do Vermú emana máis da amizade que da necesidade de ser rendible.
Esa filosofía é a que tamén leva a Cristina Codesido, como responsable de comunicación, a estar presente en todo aquilo que teña que ver co pobo, coas festas, co consumidor final sexa quen sexa e veña de onde veña. Ese traballo tan apegado a xente é tamén o que a convenceu de traballar ao marxe de axencias de comunicación. Esta decisión, inusual hoxe en día, acabou por conseguir o que toda campaña de marca busca en certo modo, fidelizar ao cliente.
Tres anos despois de saír ao mercado St. Petroni ten unha produción de 300.000 botellas e presenza en todo o mundo

O Vermú St. Petroni rende homenaxe a terra, no padal percíbese perfectamente o albariño polo que Cristina fala con orgullo dun produto honrado. Ese desexo de levar a transparencia do que fan ata as ultimas consecuencias é o que os leva a traballar para ser tamén produtores dos botánicos cos que se macera o viño. Esa nova sección dará ademais a oportunidade de completar a presenza nas Terras de Iria

Desde o Pazo de Arretén o viño trasládase a bodega onde repousa antes de ser macerado nas herbas e embotellado a man. As botellas son o complemento final para un produto pensando ata o último detalle, baste dicir que están feitas en Italia e rotuladas en Francia porque en España non foi posible atopar ninguén que o fixera como a marca quería.
Un non precisa gustar do vermú ou do viño para valorar St. Petroni. O traballo que realiza a marca e a transparencia a hora de ensinalo é un excelente modelo de xestión. Que todo estea na bisbarra demostra que non se precisa saír de Galicia para comezar novos proxectos rendibles que, ademais, presumen da terra. Marchamos coa idea de volver na vendima, o proceso máis delicado pero tamén un dos máis fermosos. Mentres tanto seguiremos de cerca a evolución do Vermú St. Petroni porque cando un visita o Pazo de Arretén acaba por sentirse parte del.

 

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies