займ срочно

Boqueixón traerá do Pico Sacro a Compostela o Lume Sagrado

0

Boqueixón, 21 de xuño do 2017 – Despois de recoller o Lume Sagrado directamente do sol o pasado domingo no Pico Sacro, o concello de Boqueixón o traerá a Compostela mañá xoves.

Momento no que o pasado domingo era recollido o Lume Sagrado no Pico Sacro

A cita será a partir das nove e media da noite nun percorrido que comezará na Alameda pasando por Porta Faxeira. Rúa do Vilar. Rúa de Xelmírez. Rúa Nova. Rúa Tras Salomé. Rúa Cardenal Payá. Praza de Mazarelos.

A raíña celta Alda e o seu séquito de doce mulleres portarán as antorchas de lume sagrado. Desfilarán acompañadas dunha comitiva de homes e mulleres de Boqueixón, Callobre e Santiago. Na praza de Mazarelos quedará custodiado o lume e a disposición da cidadanía que quera acender as fogueiras de San Xoán con lume directo do sol.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies