Piden a “reconstrución” do concello de Padrón

0

Padrón, 21 de setembro do 2020 – O Psoe ven de presentar unha petición de pleno extraordinario para afrontar a “reconstrución” do concello de Padrón.

Os socialistas presentan unha serie de medidas encamiñadas á reactivación de Padrón na que abarcan todas as áreas municipais. No caso das taxas piden a exención do pago do IBI e da licencia de apertura ás micro empresas. Para este tipo de negocios e para as familias en risco de exclusión pídese a eliminación das taxas por recollida de lixo.

Solicitan que se establezan mecanismos de mediación do Concello entre empresas e propietarios coa finalidade de baixar ou flexibilizar o importe dos alugueiros. En caso de que os propietarios non colaboren, posta en marcha dun plan de axudas ao aluguer, de xeito que as cotas poidan ser subvencionadas cun baremo que permita reducir as mesmas ata nun 50%. Outra das propostas e impulsar o mercado de aluguer de baixos comerciais e a creación dunha partida económica de axudas directas ao comercio, hostalería e restauración.

Turismo

O Psoe de Padrón reclama a promoción en redes e medios de comunicación do concello como destino turístico seguro, especialmente enfocado ao turismo familiar. Reforzo da hixiene municipal: eliminación do impacto visual provocado polos colectores no casco histórico, limpeza regular de colectores en todo o concello, desinfección diaria de parques infantís, áreas de ocio, centros educativos e centro de saúde.

Os socialistas piden no seu plan que se negocie coas industrias locais para que contraten preferentemente persoal residente en Padrón e que se cree unha plataforma dixital de venta para todo o comercio municipal. Consello Escolar municipal.

No eido da educación o Psoe padronés pedirá a posta en marcha do Consello escolar Municipal e a posta a disposición dos centros educativos de espazos municipais para o desdobramento de aulas ou outros usos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial