Piden no Parlamento que se cambie a lei para impedir a planta de reciclaxe de Teo

0

Teo, 27 de xuño do 2018 – A Deputada socialista Patricia Vilán ven de solicitar no Parlamento de Galicia que se modifique a normativa relativa aos proxectos de instalacións de xestión e tratamento de residuos en solos rústicos e/ou en solos preto de zonas residenciais coa fin de que non sexan actividades permitidas en ese tipo de terreos.

A petición solicita que antes de setembro se modifique o Plan de xestión de residuos de Galicia eliminando a expresión “preferentemente”. Ese cambio sería levado ao Parlamento no seguinte período de sesións co que se prohibirían este tipo de instalacións en solo rústico. A nova redacción da norma non só serviría para evitar a instalación da planta de Teo se non evitaría futuros conflitos en solo rústico, por proxectos similares, en calquera concello galego.

Para o Psoe “é incomprensible que este tipo de plantas non sexan obrigatoriamente colocadas nas numerosas zonas industriais existentes no noso país, o que pretendemos con estas modificacións”. En próximas datas, diversos cargos socialistas nas diferentes administracións, con responsabilidade en temas medioambientais, realizarán unha visita á Casalonga, cunha reunión de contacto coa Plataforma de afectados, visita prevista a semana pasada que foi adiada por problemas de axenda dalgún representante socialista. Nesta visita informarán sobre esta e outras iniciativas para evitar tanto a instalación da Casalonga, como noutro solo rústico galego, que resulta unha grave ameaza á protección do medio ambiente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial