Piden, por segunda vez, que se tapie o antigo depósito de auga de O Pino

0

O Pino, 29 de xaneiro do 2019 – O voceiro dos Socialistas de O Pino, Óscar Vilar, vén de rexistrar, por segunda vez nos últimos catro anos, que se  tabique o acceso o antigo depósito de auga da parroquia de Arca.

Trátase dun depósito, situado na Rúa do Muiño en Pedrouzo-Arca, sen uso dende fai máis de dúas décadas.  A instalación é de competencia municipal e  na actualidade atópase en estado ruinoso. O perigo xurde da súa situación, un lugar de moi fácil acceso para persoas e animais.

Esta antiga estrutura ten, no seu interior, varios fosos abertos sen ningún tipo de varanda nin protección similar.  A situación non mudou dende finais do ano 2014, a última vez que o Grupo PSdeG PSOE de O Pino levou este asunto ó pleno, solicitando, como agora, o tabicado e posterior demolición.

O voceiro socialistas, Oscar Vilar,  di non entender  a desidia do Alcalde, “xa daquela denunciamos os mesmos feitos, agora, temos a obriga de reiterar a petición. Falamos dun lugar insalubre, e perigoso pola situación dos fosos” Tamén se pregunta “cantos anos precisa este concello para levantar unha pequena parede de ladrillo e redactar un proxecto para derruílo”.

Os socialistas aproveitan a solicitude, para indicarlle ó Alcalde que as administracións teñen o deber de cumprir a legalidade, dando así exemplo os seus administrados.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial