займ срочно

Piden que se use o centro comarcal de Ordes para instalar unha gardería

0

Ordes, 22 de marzo do 2021 – O BNG de Ordes propón que as instalacións do centro comarcal sexan usadas para a instalación dunha gardería Galiña Azul.

Os nacionalistas lembran que o edificio do centro comarcal reverteu ao concello de Ordes hai sete anos e desde entón as instalacións permanecen sen uso.

Máis de catrocentos nenos

O concello de Ordes, según datos do IGE, ten 414 nenos de 0 a 3 anos. O concello dispón dunha escola infantil municipal con 74 prazas para esas idades. O Bloque destaca que eses datos implican que a oferta pública e tan só do 17,87 %.

Para o BNG de Ordes, esta cifra “sitúase moi por debaixo do cociente que recomenda a UE, como mínimo, para os estados membros, establecido nun 33 %, é dicir unha carencia de cando menos 63 prazas”.

Como solución á citada carencia, os nacionalistas propoñen implantar unha “Galiña Azul nas instalacións do antigo Centro Comarcal, integrada na rede de escolas infantís de Galiza”. O portavoz nacionalista, Pablo Vidal, manifesta que “cunhas pequenas reformas, podería aproveitarse un edificio xa construído e totalmente en desuso para cubrir necesidades básicas da veciñanza, favorecendo a conciliación laboral e familiar”.

O edificio xa fora proposto polo propio BNG para albergar un viveiro de empresas, mais sen conseguir que prosperase a demanda, algo que segundo Vidal “non significa que desde o BNG renunciemos a que Ordes conte cun viveiro de empresas, mais non ten sentido que perante a falta de acordo o edificio siga sen aproveitamento e deteriorándose”. Neste sentido, o portavoz nacionalista sinala que “negociando coa Consellería de Política Social a implantación dunha Galiña Azul (antiga Galescola) no Centro Comarcal, aproveitaríase un edificio baleiro para ofertar servizos que demanda a veciñanza”.

Os nacionalistas agardan acadar o apoio da corporación municipal para demandar que “Ordes, como cabeceira de comarca, dispoña dun servizo público co que xa contan concellos da contorna coma o de Carral ou o de Oroso”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies