Piden que Padrón cancele taxas ou as débedas co concello en caso de peche dun negocio

0

Padrón, 23 de abril do 2020 – Compromiso x Galicia Padrón ven de propoñer ao concello unha serie de medidas para combater a crise xerada polo Coronavirus entre as que inclúe a suspensión de taxas dos vendedores ambulantes do mercadillo.

A medida enfocada aos vendedores do mercadillo é unha das denominadas de “contención” nas que tamén se contempla a suspensión de taxas a comercios e hostalería, aos produtores agrícolas ou aos traballadores afectados por un ERTE.

Compromiso Padrón indica que estas medidas terían que complementarse con outras que denominan de “consolidación”. Un ano de moratoria para as actividades que máis teñan que esperar para abrir, a condonación de débedas para os negocios que non podan volver a abrir ou a posta en marcha de plans de emprego coa colaboración da Deputación.

CxG Padrón prpón ademais que o concello avale créditos de ata 20.000 euros para autónomos e pemes, xudas directas ao sector hortofrutícola e ao comercio co fin de fomentar o consumo local, unha bolsa de axuda ao alugueiro das pemes de 100.000 euros e que se suspenda durante dous anos o imposto de circulación de vehículos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial