займ срочно

Piden que se humanice o núcleo de Luou, en Teo

0

Teo, 7 de outubro do 2020 – O Partido Popular de Teo ven de pedir que se humanice o núcleo da Igrexa de Luou aproveitando as obras que están a facer na “Horta do Cura”.

Según os populares o obxectivo sería reformar o núcleo central de Luou, dándolle máis protagonismo á praza para o disfrute dos viandantes e como apoio aos establecementos do lugar.

O PP explica que é preciso, sobre todo, aumentar a seguridade dos peóns. Estiman imprescindible executar un plan de calmado de tráfico que garanta a seguridade de todas as persoas sinalizando vertical e horizontalmente e creando pasos de peóns.

Tamén consideran prioritario rebaixar a altura da estrada, que provoca inundación das súas inmediacións, disimular a presenza dos contedores, procurar minimizar o cableado, soterrar o centro de transformación, e outras medidas similares.

Piden que se humanice o núcleo de Luou, en TeoO PP lembra que o núcleo de Luou concentra a principal actividade social da parroquia cun edificio social, sede da asociación cultural A Mámoa; a Igrexa, bares, farmacia, estanco e un próximo parque con aparcamento. Esta acumulación de espazos activos xera un intenso movemento peonil na zona. A inseguridade vese agravada ao ser un cruce de estradas desde o que se comunica con Cacheiras, Milladoiro, Pontevea ou o Faramello.

Problemas de asolagamento

O Grupo Popular insiste en que hai un “histórico problema” de asolagamento na parte baixa da estrada e pide que, de cara ás futuras actuacións na zona se rebaixe a cota da estrada que foi elevada polos continuos reasfaltados.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies