Piden que se manteñan as farolas de fundición en Teo

0

Teo, 20 de febreiro do 2019 – O Partido Popular de Teo denuncia que o goberno municipal ignora as peticións dos veciños de Reis e Rarís que piden que se manteñan as farolas de fundicion.

O PP de Teo fai fincapé no  “gran despilfarro que supón o cambio dunha importante cantidade de farolas de fundición que se atopaban en perfecto estado e que no seu día foran pagadas polo erario público local. Un veciño da zona recorda que no seu día esas farolas foran pagadas cos impostos de todo o pobo e agora tíranse eses cartos ao lixo sen tan sequera preguntarnos aos afectados”.

A estas queixas dos populares súmanse as demandas dos veciños e veciñas que veñen de unirse nunha recollida de sinaturas; xa son corenta familias as que dan a cara ante o que consideran “un despilfarro sen precedentes que soamente é xustificado polos delirios da concelleira de urbanismo”.

Ao fío da cuestión, Uxía Lemus confirmou recentemente que serán un total de 770 farolas ornamentais de fundición as que retirarán no municipio teense. Según os populares si hoxe en día  houbera que mercar e colocar as farolas que se queren retirar o seu custe ascendería aos 800.000€.

Para José Manuel Guerra, “tan só Uxía Lemus entende o motivo da retirada de case 800 pedestais, unha cantidade tremendamente esaxerada e que podería terse aforrado para outras necesidades básicas que ten a veciñanza”.

Para o voceiro dos populares teenses, “o que sorprende é que goberno escollido por veciños e veciñas que ten obriga de estar a disposición de todos e todas, non soamente non lles escoita antes de actuar senón que fai caso omiso as súas peticións, gobernando de maneira despótica e importándolle máis ben pouco as opinións da súa veciñanza”, engaden. 

Para o PP “ A falta de previsión e supervisión da concelleira de Urbanismo é tal que se están colocando farolas en lugares nos que se invaden camiños estreitos que impiden a vehículos de grandes dimensións manobrar. Sitúanse novas farolas que tapan e mesmo impiden a apertura de taboleiros oficiais municipais“.

Para Guerra, o culmen do desgoberno atópase na reutilización de algúns postes de formigón en estado ruinoso. “Ninguén comprende que se despilfarre eliminando pedestais de fundición en perfecto estado nunhas zonas e, pola contra, se aproveiten brazos enferruxados e pedestais de formigón a punto de romper noutras.”

Dende o PP de Teo, estes resultados poñen en evidencia a inexistente supervisión por parte da concelleira de Urbanismo cun desgoberno absoluto nunha obra de 3 millóns de euros que hipoteca as contas da veciñanza por dez anos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial