займ срочно

Piden que se recuperen os roteiros do Río Mercurín, de San Paio de Buscás e de Outeiro en Ordes

0

Ordes, 26 de outubro do 2018 – Os socialistas de Ordes pedirán ao Concello unha actuación integral de acondicionamento e conservación para recuperar os roteiros do Río Mercurín e de San Paio de Buscás e Outeiro, actualmente en estado de abandono.

O voceiro socialista, Alejandro Manteiga, explica que “Queremos recuperar unha zona de lecer e de turismo de natureza que pode servir tamén a axudar a recuperar unha parte da economía, pois a percorrer estes sendeiros viñan moitos veciños da contorna e mesmo excursións organizadas. Na actualidade, estes sendeiros levan anos abandonados e están intransitables, cheos de maleza e coas sinais deterioradas ou desaparecidas”.

Os socialistas lembran que estes dous roteiros de sendeirismos, circulares de 15 e 8,5 quilómetros, foron creados durante o mandato no que o PSOE de Ordes ocupou a Concellería de Medio Ambiente e estaban sinalizados acorde ás normas da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada.

Outras demandas para o pleno

Unha petición que os socialistas de Ordes levarán á próxima sesión plenaria, xunto á petición da reparación dos aparcamentos do colexio Campomaior, “que foron acondicionados recentemente pero xa están cheos de fochancas e co firme mal, posto que nin se lles botou zahorra para acondicionalos correctamente”, explica Alejandro Manteiga. Así mesmo, os socialistas faranse eco dunha demanda veciñal para instar ao Concello a tomar medidas efectivas para reducir a velocidade dos vehículos que circulan pola Rúa de Casavella. “Desde que se reformou esta rúa, os vehículos circulan a bastante velocidade e xa teñen provocado varios percances”, indica o voceiro municipal socialista, quen lembra que “na rúa hai unha gardería, polo que a situación é máis perigosa e deberíanse tomar medidas como, por exemplo, instalar un paso de peóns elevado”.

Finalmente, os socialistas pediranlle ao alcalde que instale un banco adicional a carón do muiño de Fernanducho, pois aló se reúnen moitas persoas maiores que non teñen onde sentar, e reclamaranlle unha explicación sobre a orixe duns cheiros continuados, moi fortes e desagradables dos que se queixou a veciñanza días atrás, así como que se tomen as medidas oportunas para que non se volvan producir.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies