займ срочно

Piden que Vila de Cruces se posicione contra os eólicos

0

Vila de Cruces, 12 de abril do 2021 – O BNG de Vila de Cruces pide un pleno extraordinario no que o concello se posicione contra a instalación de parques eólicos.

Os nacionalistas consideran que é preciso crear unha fronte común contra todas estas megaestructuras que “o único fin é esquilmar o noso territorio, roubar a nosa enerxía e repercutir negativamente na saúde da veciñanza e da nosa contorna”.

parques eólicosO voceiro Municipal Alex Fiuza explica que nos últimos meses coñecéronse varios estudos de impacto medioambiental para a instalación dos parques eólicos proxectados na comarca e as súas liñas de evacuación. En Vila de Cruces están proxectados os seguintes parques: Axouxere (22,5MW) Cunca ( 22,5MW) Rodeira (22,5MW), dos cales no mes de novembro, Green Capital Power, sacou a exposición pública a liña de evacuación dos tres.

O BNG de Vila de Cruces presentou unha serie de alegacións contra a esta liña de evacuación. As alegacións parten da demandas da veciñanza, recollidas  nunha xuntanza realizada en Bodaño e á que acudiron o voceiro Alex Fiuza e a concelleira Beatriz Gómez.

As liñas de evacuación dos parques eólicos da comarca van cara a Subestación de REE en Silleda e cara Portodemouros. Esta liña de evacuación que cruzará o concello de Vila de Cruces cara a Silleda tamén vai evacuar a enerxía producida nos parques eólicos que están proxectados en Agolada e Rodeiro (en total 7) polo que unha nova liña cruzará o concello para unilos. Por outra banda, os parques eólicos de Orrea (Agolada), tamén evacuarán a súa enerxía atravesando o concello, para rematar na subestación de Portodemouros. A estas liñas súmase unha máis, o parque eólico da Mesada, proxectado no 2012, e que afecta ás parroquias de Sabrexo e Ferreirós, o cal foi modificado en varias ocasións pola súa proximidade a restos arqueolóxicos, e da cal aínda non hai constancia se evacuará a enerxía cara a Silleda ou cara a Portodemouros, se compartirá estruturas eléctricas cos outros parques, ou polo contrario terá a súa propia.

Na actualidade está en fase de exposición pública os parques de Lalín, cuxa liña de evacuación tamén afectará a Vila de Cruces na parroquia de San Pedro de Losón. En resumo, proxéctanse en Vila de cruces un total de 4 parques eólicos e 4 liñas de alta tensión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies