займ срочно

O piloto de 7 anos Christian Costoya recibe a homenaxe de Silleda

0

Silleda, 21 de xuño do 2018 – O recinto Semana Verde de Silleda acolleu a celebración dunha xornada especial para unha firme promesa do automovilismo. O silledense Christian Costoya realizou unha exhibición para os seus compañeiros do CEIP Plurilíngüe de Silleda, onda cursa 2º de Primaria, e recibiu o recoñecemento tanto do Concello como da comunidade educativa.

O alcalde, Manuel Cuiña, que asistiu á cita xunto coas concelleiras de Deportes e Educación –Ana Luisa González e Pilar Peón-, destacou a precocidade de Christian Costoya, “do que estamos moi pero que moi orgullosos”, indicou.  Cuiña entregou ao piloto un casco “co que estamos seguros seguirá recollendo moitos triunfos”.

Christian, un dos 20 pilotos seleccionados para  formar parte da Academy CEK, programa para xoves talentos impulsado por Fernando Alonso, comezou a correr con 4 anos no campionato galego de karts e conta xa cun extenso currículo  E o primeiro piloto galego máis xove en alzarse cun triunfo absoluto nunha carreira autonómica.

En 2015 deu o salto a Portugal e en 2016 continuou completando a súa formación como piloto, disputando os campionatos autonómicos de Galicia, Cantabria e Castilla e León. En 2017 comezou a pretempada participando XII Campeonato Social de Invierno, celebrado no circuíto leonés de Castroponce e considerado un dos mellores campionatos de pretempada de toda España, obtendo o  título na categoría de alevín

Nesto ano chegou a súa consagración definitiva. Con 7 anos, lidera o campionato de España das series Rotax, competición nacional que tamén domina en Portugal. Gañou o torneo de Aragón e Madrid, e foi primeiro no campionato de inverno de Castroponce e no Trofeo Ibérico.

A súa precocidade serviulle para bater varios récords coma o de o piloto máis novo en gañar unha proba nacional, tanto en España como en Portugal. Tamén é o piloto máis novo en facer un Grand Chelen  (pole, victoria e volta rápida).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies