O Pino aproba o orzamento coas abstencións de BNG e Psoe e o POS 2018 coa abstención socialista e o apoio do BNG

0

O Pino, 20 de Nadal do 2017 –  O concello de O Pino aprobou cos votos a favor do grupo de goberno e as abstencións do BNG e o Psoe un orzamento de 4 millóns de euros. Na mesma sesión aprobouse un POS No que os socialistas tamén se abstiveron polas dúbidas sobre o destino dos cartos da partida de gasto corrente.

A Corporación do Pino aprobou uns orzamentos para o vindeiro ano que ascenden a 4.020.469 euros. As contas foron aprobadas cos sete votos a favor do equipo de goberno (PP) e a abstención do PSdeG (3) e BNG (1). Segundo explicou o alcalde, Manuel Taboada, para o vindeiro ano mantense o gasto en persoal (16,5% do total de gastos), aumentan o capítulo de investimentos reais ata os 638.515 euros (15,9%) e sube lixeiramente a partida de gastos en bens correntes e servizos (2.218.722 euros, o 55,2% do total), que son os que se destinan ao mantemento dos servizos que presta o Concello e as reparacións e conservación das infraestruturas existentes.

No debate, dende o PSdeG solicitaron que se aclarase o concepto dunha das partidas incluídas nos orzamentos, que facía referencia ao IBI que cobra o Concello do Pino polas instalacións do aeroporto de Lavacolla. Os socialistas tamén criticaron que o único investimento en obras sexa o do Plan Único da Deputación e fixeron fincapé e no chamativo do incremento de 30.000 € na partida de Festas Poulares e Festexos que pasa xa dos 190.000 €.

Obras do POS+ da Deputación

Nas contas para o 2018 están xa incluídas as obras que se financiarán a través do POS+ da Deputación da Coruña, que tamén foron aprobadas na sesión. O montante total desta inversión está preto do millón de euros, si se inclúen os proxectos do plan complementario, e que se executará coas baixas que fagan as empresas adxudicatarias nos demais proxectos.

Así, para o plan único dos concello (POS+ 2018) o Concello do Pino contará para o vindeiro ano con 309.889 euros para destinar a gastos correntes. Outros 178.625 euros destinaranse á renovación  de alumeado público, para poñer luminarias de LED, nas parroquias de Pereira e O Pino (81.730), e nas zonas colindantes coa N-547, en Arca, Santa Irene, San Miguel, O Xen, Salceda, A Xesta e Rourís (96.894 euros).

No POS+ tamén se inclúen as melloras de estradas en Rabal e Barcia (60.74 euros), en Pumar e Cabanelas (68.090 €), O Marquiño e Medín (49.045 €), A Xesta e San Mamede (58.053 €) e a senda peonil para mellorar a seguridade vial no acceso ao cemiterio de Arca e a carón da igrexa (68.079 euros).

Postura Socialista

Os Socialistas explicaron a súa abstención dicindo que comparten a necesidade das obras que contempla o Plan, pero cuestionan os 309.889,84€ destinados a Gasto Corrente, “non podemos destinar unha boa parte do POS+ a gasto corrente, cando non sabemos que partidas van a cargo de

ese gasto, votar a favor deste POS sería referendar a maneira de xestionar o fondos públicos do PP local”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial