O Pino reuniu a 700 escolares na fase comarcal do campionato de cross escolar

0

O Pino, 5 de decembro do 2017 – A Secretaría Xeral para o Deporte reuniu na área recreativa da Magdalena (O Pino) a 680 escolares no campionato comarcal de cross escolar.

No campionato comarcal de cross escolar participaron atletas de nove centros escolares buscaban unha praza para poder acudir á proba intercomarcal que se celebrará o vindeiro 20 de xaneiro en Santiago.

O CPI Camiño de Santiago, de O Pino, contou cunha representación de 78 corredores, que obtiveron un meritorio resultado, pois varios deles conseguir unha das medallas reservadas para os cinco primeiros que cruzaban a meta en cada unha das categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete (masculina e feminina). Nesta proba tamén participaron alumnos dos colexios públicos de Touro, Mesón do Vento (Ordes), Ortigueira (Vedra), A Ramallosa (Teo), Arzúa, R. Castelao (Ordes), Sigüeiro (Oroso) e do IES de Arzúa.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies