займ срочно

O Pino, modifica o IBI no último pleno do ano.

0

O Pino, 30 de Nadal do 2017 – O último pleno do ano no concello de O Pino serviu para aprobar unha proposta do Psoe local para rebaixar o IBI nos bens de natureza rústica.

O termo municipal de O Pino, é un dos moitos concellos que está sometido a un proceso de regularización catastral impulsado polo Ministerio de Facenda. Unha regularización que trae consigo unha nova valoración catastral para todos os bens inmobles, acompañada dunha taxa de sesenta euros (por referencia), en concepto de gastos de xestión.

Buscando paliar, en parte, as consecuencias do xa coñecido como catastrazo, o PSOE local levou ó último pleno do ano unha serie de iniciativas, entre as que figuraba a aprobada pola unanimidade da Corporación.

O tipo impositivo pasa do 0,45 o 0,30%

Tras un longo debate, conseguiuse modificar a ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles, pasando o tipo de gravame para os inmobles de natureza rústica 0,45 o 0,30%, límite mínimo permitido.

Deixando, para unha sesión posterior o estudos das posibles bonificacións para aqueles bens inmobles nos cales se desenvolvan actividades agrícolas ou gandeiras.

Os Socialistas non dubidaron en retirar a súa moción como requisito que esixía o Alcalde, “o que buscábamos, era rebaixar a cargar impositiva para os nosos veciños/as, e conseguímolo modificando a ordenanza reguladora” afirman. Ordenanza, que será sometida a exposición pública e entrará en vigor no ano 2019.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies